viernes, 17 de marzo de 2017

Entrevista ao Grupo Xestreu

Entrevista ao Grupo Xestreu
AuriaTV
Mario González Sánchez


Xestreu é unha fusión de cinco formas diferentes de pensar, de sentir,  coas achegas persoais de cada unha…. Isto é o que nos define….. Do que escoitamos ao que cantamos hai unha viaxe, todo un proceso de adaptación e transformación. O resultado é ese toque persoal “Xestreu”.
Gustaríanos facervos a presentación do noso novo proxecto musical, un cd que vai sair a luz no mes de marzo. O disco levará por título NON ME TOQUES A SAIA e  terá moito que ver coa muller e coa defensa dos seus dereitos, en contra de todo tipo de violencia de xénero ou de discriminación por razón de sexo. Para facer máis patente esta reivincidación, previa a aparición do disco no mercado, levaríamos a cabo una campaña de promoción na que ofertaríamos camisetas co lema da campaña (NON ME TOQUES A SAIA) tratando de crear una expectativa a través das redes sociais apoiando a campaña de loita contra a violencia de xénero e a favor dos dereitos da muller. Para elo pretendemos que xente relevante de distintos ámbitos (culturaris, políticos, deportivos etc)  colabore con nos facendo un selfie ou unha foto que colgará no seu perfil de Facebook ou en calquera outra rede social.



Aínda que habitualmente actuamos nós as 5 acompañadas de acordeón e instrumentos de percusión nesta ocasión presentariamos un espectáculo acompañadas dunha banda de músicos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario